A Deputación edita unha unidade didáctica sobre a camelia
Por Redacción
Todos os centros educativos da provincia recibirá unha unidade didáctica sobre a camelia, editada pola Deputación de Pontevedra.
Esta iniciativa, dirixida a alumnos de primeiro e segundo curso de Primaria, foi incluída no programa educativo da Consellería de Educación e pretende poñer en valor esta planta como un recurso produtivo.
"Nesta unidade didáctica ensinamos a camelia como un cultivo, e non só como unha flor", sinalo a deputada provincial delegada da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Eva Villaverde, compañada por técnicos do centro investigador, o xefe territorial de Educación, o director do CEIP Campolongo de Pontevedra e integrantes de 'Polo correo do vento'.
Vilaverde asegurou que "se queremos realmente poñer en valor a camelia debemos ensinarlla primeiro ás nenas e aos nenos, de maneira amable, e a través dun recurso coidado, digno, e que fale o seu idioma".
A unidade didáctica inclúe diferentes apartados con información xeral e fichas específicas para profesorado, cun CD que inclúe fotos individuais de cada unha das camelias e carteis e exercicios para imprimir, un apartado cun mapa dos lugares da provincia onde se poden ver e atopar camelias, para que cada centro educativo poida ter lugares próximos de referencia, e unha serie de fichas con exercicios para o alumnado baseadas no conto infantil 'A fada das camelias', así como o propio conto en tres idiomas, galego, español e inglés.
Os contidos, que parten de recursos que xa existían e que se utilizaban cando se recibían visitas escolares nas instalacións de Areeiro, foron completados e adaptados segundo as premisas curriculares necesarias grazas á colaboración de Manuel Sánchez, director do CEIP de Campolongo, e de Óscar Abilleira, que foi o responsable do programa informático utilizado.