Cuntis, Vilaboa e Vilagarcía, entre os primeiros en beneficiarse do Plan Concellos 2018
Por Redacción
Cuntis, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa figuran na primeira relación de municipios en recibir recursos da liña 3 do Plan Concellos 2018 que vén de aprobar a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.
Cuntis, con 122.623,27 euros, vai contratar a 12 persoas para tarefas relacionadas co asfaltado, condución de retroescavadora, enxeñería técnica agrónoma, protección civil, albanelería e turismo.
No caso de Vilaboa, pola súa parte, recibirá 114.382,21 euros para contratar a 10 persoas para desenvolver tarefas forestais, obras públicas e albanelería, condución e carpintería, pintura e limpeza.
Amais, a Deputación de Pontevedra tamén destinará 319.269,71 euros para o concello de Vilagarcía de Arousa para a contratación de 36 persoas para desenvolver tarefas de administración, animación deportiva, albanelería, forestais, pintura, instalacións eléctricas, carpintería, fontanería, soldador, conservación de parques urbanos e xardíns, sepultureiro e axudantes de mantemento de instalacións deportivas.
Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, é dicir, un 2,5% máis que no 2017.