Nauta tamén presentará alegacións á prórroga da concesión do Real Club Náutico
Por Oskar Viéitez
No Consello de Nauta convocado para este luns, o presidente dará conta dunha alegación presentada por Nauta Sanxenxo e polo Concello sobre a solicitude de ampliación da concesión do Real Club Náutico de 35 a 50 anos,.
A alegación de Nauta súmase ás xa coñecidas do BNG e de Podemos. Os nacionalistas reclaman que se desestime esa ampliación e Podemos propón as instalacións pasen a mans municipais en 2027, cando conclúe a concesión actual.
Pola súa banda, o goberno local decidiu presentar unha alegación a esta ampliación co fin de esclarecer se a solicitude do Náutico inclúe ou non a ampliación dos pantaláns da rúa dos Barcos.
Na actualidade o club náutico é titular de dúas concesións no Porto de Sanxenxo. A primeira destinada á construción da sede do Real Club Náutico de Sanxenxo.
Doutra banda, está a concesión de ocupación de terreos de dominio público portuario para a construción e explotación dos pantaláns. Esta concesión foi motivo de varios recursos administrativos no Tribunal Superior de Xustiza, tanto por parte de Nauta como do Concello.
Tras analizar o expediente o goberno local considera que a ampliación da concesión recentemente publicada refírese única e exclusivamente á primeira das mencionadas, pero, co fin de esclarecer esta dúbida, decidiuse presentar a alegación.
Ademáis, Nauta Sanxenxo traballa na solicitude dunha ampliación da concesión actual, que finaliza en 2027.
Tamén se tratará no consello, a aprobación da tarifa para este ano 2018, o expediente de contratación do servizo de asesoría e defensa xurídica e o expediente do servizo de gasolineira do porto.
Relacionadas:
-
A xustiza avala a ampliación dos pantaláns do Náutico de Sanxenxo
Por Redacción |
-
En Marea esixe un estudo sobre o impacto das obras do porto deportivo de Sanxenxo sobre as praias
Por Redacción |
-
O Náutico de Sanxenxo aclara ao BNG que o que tramita é a ampliación do prazo da concesión
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG alerta da modificación da concesión solicitada polo Real Club Náutico de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Medran os tránsitos de embarcacións recreativas en Combarro e Sanxenxo
Por Redacción |