A nova xunta do Colexio de Avogados toma posesión e catorce novos letrados reciben a súa toga
Por Oskar Viéitez
O Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra celebrou este venres, día 26 de xaneiro, a xunta xeral ordinaria na que tomaron posesión dos seus cargos os membros elixidos tras as eleccións celebradas en decembro de 2017.
Os cargos ocúpanos María Teresa González Justo como secretaria, José María Lozoya Pérez como tesoureiro, Alberto Lastres Couto como deputado 2º e José Carlos Palmou Cibeira como deputado 5º.
Ademais, durante a tarde tivo lugar na mesma sede colexial a cerimonia solemne de xura de novos letrados.
O avogado J. Oriol Rusca Nadal, ex decano do Ilustre Colexio da Avogacía de Barcelona e ex vicepresidente do Consello Xeral da Avogacía Española, dirixiu unhas palabras de benvida aos novos letrados que prestaron xuramento e recibiron as súas togas xunto ás súas madriñas e padriños, avogados en exercicio cuxa misión é a de acompañar aos recentemente incorporados á avogacía nesta cerimonia.
O xuramento, requirido polas leis, estivo presidido polo decano do colexio, Ramón Jáudenes López de Castro e a Xunta de Goberno, "para acreditar o afecto e a satisfacción con que o colexio recibe un novo membro e para imprimir no colexiado a alta categoría de que queda investido e a nobreza e dignidade da profesión que vai desempeñar".
Os letrados que realizaron a xura esta tarde son Óscar Busto, Marta Iglesias, David Lago, Nuria Gómez, Laura Lameiro, Marta Galiano, Elsa Antonia, Julio Alén, Elisa Dios, Nuria Torres, Javier Nogueira, María Fuentes, Lourdes Durán e Inmaculada Parada.
Relacionadas:
-
Ramón Jáudenes, decano dos avogados pontevedreses, pasa a presidir o Consello da Avogacía Galega
Por Redacción |
-
O Colexio de Avogados organiza unhas Xornadas de Dereito Mercantil
Por Redacción |
-
Cubela: "Sáldase unha débeda histórica coa familia Figueroa, que permitíu ir á universidade a centos de veciños"
Por Redacción |
-
A mediación alcanza unha porcentaxe de acordos do 95% nos xulgados de familia
Por Redacción |
-
Un de cada dous avogados pontevedreses prestan servizos na quenda de oficio, máis que a media estatal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |