Xornada de retirada de voluminosos do río Tomeza
Por Oskar Viéitez
Defínense como os residuos voluminosos aqueles que polas súas características relativas ás súas dimensións, o peso, ou outras propiedades, non poden ser obxecto de recollida ordinaria, por exemplo, colchóns, somieres, mobles e outros aveños refugados.
Pois ben, lamentablemente, no río Gafos e a súa contorna tamén van parar algúns destes residuos voluminosos. Para que ese non sexa o seu destino final, o colectivo ambientalista Vaipolorío organizou para o vindeiro sábado día 27 unha xornada de retirada e limpeza de verteduras no río Tomeza (O Gafos).
Vaipolorío convoca ás dez da mañá, diante da estación de autobuses de Pontevedra, a todas aquelas persoas que de maneira voluntaria queiran participar na retirada de diferentes voluminosos, e de lixo en xeral, localizados en varios puntos da contorna do río.
Desde o colectivo ambientalista informou que se poñerán en contacto cos concellos de Pontevedra e Vilaboa para que estes residuos sexan tratados segundo as súas características.
Relacionadas:
-
Visita guiada ás Brañas do río Tomeza o día no que casan os paxariños
Por Oskar Viéitez |
-
Rodas e colchóns no río
Por Oskar Viéitez |
-
Impulsan unha iniciativa lexislativa popular para pararlle os pés ao eucalipto e darlle unha oportunidade ao monte autóctono
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Vaipolorío planta árbores de ribeira nos Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío pide voluntarios para retirar árbores caídas no río Gafos
Por Redacción |