O PP de Ponte Caldelas pregunta "por que os operarios municipais fan obras en casas particulares?"
Por Oskar Viéitez
No pleno celebrado este xoves no Concello de Ponte Caldelas o Partido Popular preguntoulle o alcalde, Andrés Díaz por que a brigada municipal de obras se adica a facer obras en casas particulares e que criterios se siguen para facer estes traballos.
"Parécelle normal que os operarios municipais que pagamos tódolos vecinos fagan obras en viviendas privadas no seu horario de traballo? Quen lle manda facelas? Fanas por orden do alcalde?", preguntou a concelleira Inés Sánchez.
O alcalde respostou que el non sabía en todo momento o que fan os operarios municipais.
Polo demais, a corporación de Ponte Caldelas pide ás institucións que senten a falar canto antes para corrixir o mapa de emerxencias. O tenente de alcalde da agrupación independente de AVP, Alfonso Gutiérrez, interveu durante o pleno para esixir un servizo de bombeiros digno
Por outra banda, o pleno aprobou unha bonificación do 50% no Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), así como a prórroga do Plan de Igualdade Municipal, aínda que goberno local anunciou que será de xeito transitorio porque xa está a traballar nun Plan de Igualdade máis moderno e ambicioso.