Compañeiros dos gardas civís acusados de 'chivatos' confirman que as filtracións terminaron coa súa detención
Por Natalia Puga
As filtracións de información que durante varios meses do ano 2013 trouxeron de cabeza ao Equipo contra o Crime Organizado (ECO) Galicia e a mandos da Garda Civil termináronse ese mesmo verán coa detención dos axentes Javier López e Diego Fontán e do presunto narcotraficante Juan Carlos Santorum.
Así o constataron este venres ex compañeiros destes gardas en Pontevedra que declararon durante a terceira sesión do xuízo contra os tres que se celebra na Audiencia Provincial de Pontevedra, na que están acusados de integrar un grupo organizado que filtraba información confidencial a narcos.
A sesión celebrada na Sección Cuarta da Audiencia levou ante o tribunal como testemuñas a axentes de ECO Galicia que traballaban con Javier López antes da súa detención. A pesar de que os avogados defensores dos acusados tentan soster que non hai probas de que os dous gardas investigados fosen os responsables das filtracións e que puido ser outro compañeiros, eles descártano.
"Los compañeros de ese momento hemos seguido durante estos años y los hechos no se han vuelto a repetir", indicou quen entón era sarxento de ECO e superior de Javier González. Outro compañeiro insistiu en que "no" se volveron a repetir ningún problema de filtracións.
As testemuñas confirmaron todos os argumentos xa esgrimidos durante o segundo día de xuízo polo tenente ao mando da unidade. Acreditaron que o proceder de Javier López non se axustaba á forma de traballar habitual da unidade cando retirou de forma masiva información confidencial sobre confidentes policiais, vehículos e compañeiros da Garda Civil e operacións en marcha.
Segundo explican todos manexaban información con "confianza" total nos compañeiros, pois estaban nunha unidade de elite da Garda Civil que se basea na total confianza nos compañeiros, por iso é polo que en ocasións quedasen algúns pendrive dalgúns deles nos seus computadores ou os aparellos acesos. Iso, segundo indican, non significa que alguén puidese copiar a información que albergaban os dispositivos, senón todo o contrario.
Coas súas confirmacións botaron por terra os argumentos defensivos de Javier López, que indicou que o seu proceder era habitual na unidade e que o día da súa detención levaba encima un pendrive con numerosa información sensible extraída sen permiso dos computadores da súa unidade porque ía incorporarse dunha baixa e quería poñerse ao día dunha operación que se acababa de iniciar, a Aluminio, que resultou ser ficticia e creada para 'cazarlle'.
O acusado tamén levaba fichas persoais de fontes vivas de ECO, datos de vehículos policiais e fichas persoais dos seus compañeiros e xustificou que as fontes era habitual consultalas, que os vehículos os necesitaba porque era o responsable de levar o mantemento e que os datos dos compañeiros usábaos para xestionar as súas propias vacacións. Os seus compañeiros aseguraron que "nunca" sacaban esa información da súa unidade por ningún deses fins e que, de feito, para as fontes vivas, por exemplo, era necesaria unha clave de acceso e el non estaba autorizado a consultalas nin modificalas.
O xuízo estaba previsto que terminase este venres, pero a sesión deste xoves tivo que suspenderse pola folga dos traballadores da xustiza e aprazouse esa sesión para o 20 de febreiro. Ademais, da sesión deste venres quedaron declaracións pendentes que aínda deberán continuar noutra sesión diferente.
Relacionadas:
-
O narcobuque 'MV Karar', vinculado a Santórum e apresado en pleno confinamento, poxado por 156.000 euros
Por Natalia Puga |
-
Polo menos 7 detidos nunha nova operación antidroga, entre eles, Juan Carlos Santórum
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Seis anos e medio de prisión para dous gardas civís por filtrar arquivos confidenciais a narcos
Por Natalia Puga |
-
A Fiscalía mantén a petición de penas para dous gardas civís acusados de filtrar información a narcos
Por Oskar Viéitez |
-
O xuízo contra os gardas 'toupas' de narcos, suspendido pola folga da xustiza
Por Natalia Puga |
-
Un mando da Garda Civil certifica que os axentes 'chivatos' de narcos filtraban información confidencial
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dous gardas civís acusados de ser 'toupas' de narcos negan as filtracións de arquivos confidenciai
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dous ex gardas civís irán a xuízo por ser 'topos' de narcotraficantes
Por Natalia Puga |