Un cento de estudantes integran os Consellos da Muller Nova nos institutos
Por Redacción
A rede escolar de Consellos da Muller Nova nos institutos comezaba a súa andaina no mes de outubro con sete institutos implicados. Forman parte do proxecto 98 estudantes e ao redor de 15 docentes.
Ao longo destes meses realizáronse distintas actividades como unha auditoría sobre igualdade nos centros de ensino. Neste mes de xaneiro comeza unha nova etapa coa colaboración da Universidade de Vigo. Explicaráselles como facer radio. Será a través da Radio Universitaria: Radio Escaparate.
Nos obradoiros ensinarase como empregar a radio como ferramenta de transmisión do traballo que se vaia desenvolvendo en cada un dos Consellos ao longo do curso.
A partir de febreiro vai realizarse unha terceira parte da programación que consistirá en elaborar programas radiofónicos mensuais sobre diversos temas como o amor, a muller no traballo, o deportes ou os medios de comunicación.
Os Consellos da Muller Nova son órganos de debate, formación, reflexión e proposta ao redor da igualdade e de loita contra a violencia machista nos que os protagonistas son os máis novos co obxectivo de concienciar sobre a igualdade de dereitos entre mulleres e homes