Pregunta transcendental onde as haxa é a que expón La transición no seu terceiro programa: que é ser adulto? cuestiónase Óscar Cruz, guionista e condutor deste espazo de PontevedraViva Radio.
Oscar apela ao alcalde da capital para que Pontevedra conte con outro aliciente como polo de atracción de visitantes: a cidade do Lérez sede os Premios Ig Nobel. Un novo socio "xennial" engádese á lista, o presidente deAGAG (Asociación Galega de Guionistas), Nico Campos. Será un hater dos millennials ou todo o contrario?. Súmase ao elenco do programa unha "cómica de oficio", Carmen Conde que percorre Galicia cos seus Premios Darwin e é unha experta en mortes absurdas.
"Lo Millennnial" con Jorge Boquete mira a OT. Si, análise concienzudo e resolutivo sobre o éxito da presente edición do televisivo concurso Operación Triunfo. Volvendo á pregunta desta ocasión "L' entrepeneur" Javi Lopa trae os consellos para comportarse como un adulto, ou como un auténtico cabaleiro?.
E o invitado millennial esta vez é un pontevedrés afincado en Málaga: Guille, que vén acompañado da súa guitarra e o seu alter ego, Wyie. Como termina a súa participación en La transición?... mellor que ninguén cho conte...