Os sindicatos estiman que a folga na xustiza afectará a uns 150 actos procesais na cidade
Por Oskar Viéitez
Este mércores publícase no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir un funcionamento esencial durante a folga convocada para este xoves día 25 de xaneiro nos centros de traballo da administración de xustiza de Galicia.
No caso da cidade de Pontevedra os sindicatos estiman que a xornada de paro será secundada dun xeito "masivo" por todos os funcionarios e que iso afectará a uns 150 actos procesais. Isto é: vistas, xuízos, declaracións ou comparecencias coa presenza das partes (avogados, procuradores ou peritos) que "se van a suspender seguro todos", dixeron.
O comité de folga está composto polas sete organizacións sindicais SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO que responsabilizaron ao vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, de levar á xustiza galega a unha situación de "extrema gravidade, causando prexuízos económicos e sociais de enormes dimensións que serán da súa única e exclusiva responsabilidade".
Dende Pontevedra se disporán autobuses para todos aqueles funcionarios que desexen participar na manifestación convocada para este xoves 25 en Santiago de Compostela.
O comité de folga está a estudar a formulación dunha folga indefinida que poida perdurar no tempo "como menor esforzo posible para os traballadores e co maior desgaste para a Xunta de Galicia", esto é unha folga de horas ou por xurisdiccións.
Os traballadores da administración de xustiza galega esixen á Xunta que atenda as súas "xustas reivindicacións laborais" ao entender que están "gravemente discriminados" respecto dos demais funcionarios das comunidades autónomas con competencias asumidas.
"Se Rueda non toma as rendas da negociación persoalmente pediremos a súa dimisión", sinalaron as centrais sindicais.
Relacionadas:
-
O comité de folga do traballadores da xustiza empraza a Feijóo e a Rueda a retomar as negociacións
Por Oskar Viéitez |
-
Os sindicatos de xustiza sitúan o seguimento da folga nun 95%, a Xunta rebáixao á metade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
A folga de funcionarios, seguida masivamente nos xulgados de Pontevedra
Por Redacción |
-
Os sindicatos cifran nun 90% o seguimento da folga na xustiza e a Xunta redúceo á metade
Por Oskar Viéitez |
-
A folga dos traballadores da Xustiza, un "éxito rotundo" que paraliza xulgados
Por Natalia Puga |