A Xunta renuncia á madeira para o arranxo da pasarela en Noalla
Por Oskar Viéitez
Non haberá unha cuarta vez. A Consellería de Infraestruturas renuncia a repoñer en madeira o tramo de 100 metros do paseo da Lanzada que o pasado 10 de xaneiro voou, por terceira ocasion, co paso dun tornado ata aterrar no patio do colexio O Telleiro, de Noalla.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, desvelou que na reunión mantida coa Xunta a pasada semana aínda non decidiran que material completará o tramo destruído da senda que discorre paralela á PO-308 e á praia da Lanzada. Será unha decisión que deberá contar co visto e prace dos técnicos de Costas.
En todo caso, descártase facer cambios no resto da senda, que se manterá en madeira ao entender que é o mellor material para un trazado que atravesa zonas protexidas.
Pola súa banda, o Concello propón a construción dun muro que protexa do vento este tramo de paseo. "O que nós pensamos é que se debe facer un muro de mampostería ou de pedra, é dicir, un material nobre. E arriba, poñer un pavimento seguro", dixo o alcalde.
Tamén no cantil da ermida da Lanzada está prevista a construción dunha pantalla de suxeición que evite máis desprendementos. O Concello solicitou un estudo a unha empresa especializada para que calcule o custo desta actuación para a que xa conta cos permisos necesarios.
CARABUXEIRA
O alcalde de Sanxenxo informou tamén que o próximo mes de febreiro ten previsto reunirse con Costas do Estado e con Portos de Galicia para que colaboren na rexeneración da praia da Carabuxeira, xa que considera "inxusto" que sexa Sanxenxo o único que pague.
Relacionadas:
-
Solicitan paralizar a construción dunha senda de formigón na Lanzada
Por Redacción |
-
BNG e PSOE de Sanxenxo piden medidas para arranxar a "chapuza" do paseo de madeira da Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
"Tal cual se ve un tornado en los dibujos animados, pues así fue arrasando"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Unha tromba mariña esnaquiza o paseo da Lanzada e obriga a desaloxar o colexio de Noalla
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Xunta revisará integramente a pasarela de madeira do paseo da Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
O temporal levanta o paseo de madeira da Lanzada
Por Redacción |