Así é a curtametraxe que promociona as Rías Baixas en Fitur tocando "o máis fondo dos sentimentos"
Por Oskar Viéitez
A Deputación presentou este xoves no Pavillón 9 de Fitur a acción promocional do destino Pontevedra provincia "Somos historias" ante un auditorio, un ano máis, repleto de xente.
A presidenta provincial, Carmela Silva, acompañada de Patricia Torres, a actriz protagonista da curta promocional, e o historiador provincial Diego Piay, deron a coñecer o papel decisivo de María Vinyals nesta campaña para coñecer ao través da súa figura o patrimonio histórico e natural da provincia de Pontevedra.
"Somos historias" é unha curtametraxe que toca "o máis fondo dos sentimentos" e que ten como fío condutor á coñecida como a Marquesa Roxa, a precursora do activismo en defensa das mulleres para amosar toda a riqueza patrimonial do destino Rías Baixas, "un lugar que é o verdadeiro paraíso", tal e como asegurou Carmela Silva.
Neste ano 2018, Ano Europeo do Patrimonio, a Deputación centra a súa campaña neste aspecto "porque a nosa cultura nos permite amosar un destino multiexperiencial, algo que marca o Plan Estratéxico de Turismo que aprobamos o pasado decembro e imos a implantar ata o 2020", dixo Carmela Silva.
Relacionadas:
-
A provincia vai promocionarse con 'Somos historias' en Madrid
Por Redacción |
-
A Deputación constitúe a Mesa do Turismo con representantes do sector público e privado
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As Rías Baixas van promocionarse fóra de Galicia a través das súas festas máis relevantes
Por María López Verdial & Mónica Patxot |
-
Sanxenxo, terceiro mellor destino de calidade de España en 2017
Por Redacción |
-
Carmela Silva celebra a "acollida espectacular" en Fitur da campaña "Somos historias"
Por Oskar Viéitez |
-
As máximas autoridades deportivas apoian a Pontevedra na presentación do ITU Multisport Festival 2019
Por Redacción |
-
Sanxenxo e O Grove solicitarán conxuntamente unha axuda para ser destinos turísticos intelixentes
Por Redacción |
-
O patrimonio será eixo da promoción das Rías Baixas en Fitur
Por Oskar Viéitez |