O PP de Pontevedra recoñece contradicións co PP de Poio no debate sobre os límites
Por Redacción
A comisión de infraestruturas aprobou, por unanimidade entre os tres grupos municipais, o acordo no que se aproba a acta de deslinde establecida en 1889 entre Pontevedra e Poio. Segundo manifestou o concelleiro César Mosquera, este acordo evita o enfrontamento político co concello de Poio porque ambos os dous están de acordo en aceptar esta liña de división para marcar os límites de ambos os dous municipios. Non obstante, indicou que existen discrepancias entre os técnicos sobre a raia que establece a división.
Ante esta situación, se non se produce un acordo entre os técnicos municipais de Poio e Pontevedra, debería ser a Consellería de Presidencia quen decida os marcos que determinen os límites entre os dous concellos.
Ricardo Aguilar, concelleiro do Partido Popular, indicou que o seu grupo apoiara este punto no pleno porque consideran que é o mellor para Pontevedra e recoñeceu que existe contradición co PP de Poio que organizou para mañá un acto de protesta con motivo deste debate polos límites de ambos os dous municipios. Aguilar recoñeceu que "es un problema de descoordinación" entre as agrupacións populares e engadiu "puede que ellos tengan más información".
Relacionadas:
-
O PP toma posesión dos terreos da Xunqueira de Alba e reclama o servizo dos Bombeiros
Por Oskar Viéitez |
-
Poio sae á rúa para esixir a Pontevedra "que aclaren dunha vez por todas" que deslinde propoñen
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra e Poio non se poñen de acordo no deslinde e será a Xunta quen decida
Por Alejandro Espiño |
-
Pendentes dun informe técnico para pechar os deslindes co Concello de Poio
Por Redacción |