Rías Baixas aos yankis: ¡Non deixen que o xe lles intimide!
Por Oskar Viéitez
"As Rías Baixas son famosas por tres cousas: o marisco, as mulleres viticultoras e o albariño". Así se vende o viño de Rías Baixas en Estados Unidos segundo explicaron este xoves Marsha Palaci e Brian Freedman, os dous colaboradores chegados do outro lado do Atlántico para explicar as campañas de promoción.
Freedman é o "Ambassador" do albariño. Logrou este cargo de embaixador tras gañar un concurso organizado polo Albarino (sen eñe) Explorers Club, a organización que xestiona estas promociones, e que dirixe Marsha Palaci. Freedman, que era un blogueiro especializado en viños, gravou un video co que xustificou a súa candidatura a tal posto.
A campaña yanki de Rías Baixas xoga o nome da marca "Dont let the X intimidate you!" (¡Non deixe que o xe lle intimide!), e ofrece unha guía de como pronuncialo "ree-ahs-buy-shuss".
Unha vintena de adegueiros atenderon todas estas explicacións nunha xornada de traballo na sede da Denominación de Orixe, no Pazo de Mugartegui, interesados en incrementar as súas vendas nun mercado crecente para o sector que en 2012 supuxo o 53% do total das exportacións.
Segundo explicou Eva Míguez, directora de márketing do consello regulador, "nun prazo de cinco anos EE UU será o primeiro consumidor de viños, nós somos pequenos pero temos moito percorrido por diante", sinalou Míguez, "nestes momentos, Estados Unidos bebe anualmente 2,5 millóns de litros de albariño".
O "Ambassador" Freedman explicou que a próxima campaña centrarase en dar a coñecer o albariño a persoas influintes da industria americana e a través das redes sociais para conquistar as canles que dan a coñecer o produto "expositores, prensa, consultores, educadores ou distribuidores", e non tanto o consumidor final, ao que só destina o 35 por cento do orzamento americano.
Relacionadas:
-
Estados Unidos, destino dunha de cada dúas botellas de albariño vendida no estranxeiro
Por Alejandro Espiño |
-
Rías Baixas centrará a súa actividade internacional en Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña
Por Redacción |
-
Os viños de Rías Baixas reconvértense en 'viño celta' para aumentar as súas vendas en Irlanda
Por Redacción |
-
Rías Baixas "coloniza" sete novos países, entre eles, Vietnam, Tailandia ou Kazaxistán
Por Alejandro Espiño |
-
EE.UU, Reino Unido e Alemaña, destinos preferentes das exportacións da D.O. Rías Baixas
Por Redacción |