Os gardacostas estrean un vehículo para loitar contra o furtivismo en Pontevedra
Por Redacción
A loita contra o furtivismo na ría de Pontevedra terá, a partir de agora, unha nova ferramenta. Trátase dun vehículo destinado a labores de vixilancia e inspección que se suma ao parque móbil do servizo de Gardacostas de Galicia.
O turismo serán empregado tamén para aqueles traballos que se realicen por terra en materia de busca e salvamento marítimo e tamén na loita contra a contaminación.
O subdirector xeral do servizo de Gardacostas, Lino Sexto, recibiu este martes seis dos dez turismos que se repartirán por toda a comunidade.
As bases operativas de Celeiro, Ferrol, A Coruña, Muxía, Portosín, Ribeira, Vilaxoán, Pontevedra e Vigo recibirán cadanseu turismo e os servizos centrais de Santiago de Compostela contará con outro.