Mocións en Bueu e Marín sobre a Lei de Benestar Animal
Por Redacción
A entrada en vigor da nova Lei de Benestar Animal de Galicia xerou certa polémica no terreo municipal, cunha crítica xeneralizada á falta de medios económicos para afrontar a aplicación da norma, que contén importantes novidades para combater prácticas de malos tratos e abandono.
A Fundación Franz Weber e a Asociación Animalista Libera han sinalando que as contas da Xunta de Galicia tan só contemplaban unha partida de transferencias de 100.000 euros para actuacións sobre protección animal para todos os municipios, é dicir, unha media de 319 euros por concello.
Así, os animalistas trasladaron mocións para o seu debate nos plenos de diferentes corporacións locais, como os casos de Bueu (Son) e Marín (Marea) para abordar o que consideran que pode ser un problema nos próximos meses: Unha Lei con avances pero sen dotación suficiente.
Neste sentido os defensores dos animais subliñan que, a pesar de que a Xunta se reserva a competencia sancionadora en casos de infraccións graves ou moi graves, son os funcionarios de cada municipio ou o seu Policía Local quen realiza a maior parte do labor inspector e os trámites do expediente, sen que o executivo reverta os ingresos na mellora das actuacións en benestar animal.
Estas dúas organizacións lembraron que a propia Deputación de Pontevedra comprometeuse a crear unha liña de axudas para refuxios e protectoras ao longo de 2018, despois das emendas presentadas xunto co grupo mixto, conformado polo único deputado de Marea-Son, sendo o primeiro goberno provincial en adoptar esta proposición.
LIBERA! e FFW esperan agora que nos próximos plenos ordinarios, Bueu e Marín sómense aos outros sete municipios, todos da provincia da Coruña, que xa instaron á Xunta a incrementar os fondos dedicados a traballar fronte aos malos tratos e ao abandono de animais, con 19.000 seres vivos deixados á súa sorte o pasado ano segundo as recentes estimacións publicadas.
Relacionadas:
-
Sacrifican un cabalo que o seu dono tiña desnutrido e moribundo nun cortello de Barro
Por Redacción |
-
O CAAN recuperou 900 cans na provincia durante este ano
Por Redacción |
-
Propoñen empregar parte da Tomba como refuxio de cabalos
Por Redacción |
-
Tres veciños de Campañó, investigados por ter cans en condicións "deplorables"
Por Redacción |