A cafetería da plaza da Liberdade sairá de novo a concurso
Por Alejandro Espiño
O Concello de Pontevedra sacará de novo a concurso a cafetería da praza da Liberdade, situada na parte traseira da Audiencia Provincial. Así o confirmou este luns o portavoz do goberno municipal, Raimundo González.
A cafetería leva semanas pechada despois de que o Concello decidise non renovar a concesión actual polas débedas que acumulaba o seu titular coa administración local.
Esa débeda segue vixente e será reclamada polas vías correspondentes, pero ese proceso non impide que as instalacións poidan utilizarse de novo.
Os técnicos municipais están a redactar os pregos do contrato que, a falta de concretarse, manterá as mesmas condicións que a concesión actual.
Desde o Concello aseguran que pretenden axilizar esta tramitación ao entender que este establecemento dálle "certa vida" a todo este ámbito urbano.