Atrapan seis cabalos danando propiedades privadas no Rañadoiro
Por Redacción
Os veciños do lugar de O Rañadoiro, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, manifestaron o seu enfado ante a presenza de cabalos que baixan dos montes causando desfeitas nas leiras privadas da contorna.
Estes cabalos sen dono coñecido irrompían nas últimas horas nestes terreos con viñas e outros cultivos. Seis destes animais foron atrapados polos veciños para evitar que continuasen causando danos nas propiedades.
Os veciños reclaman ás administracións que interveñan para evitar que estas situacións se repitan no futuro. Nesta ocasión, as persoas afectadas solicitaron a axuda de Seprona da Garda Civil e de axentes da Policía Autonómica para que comprobasen os danos causados polos cabalos mostrencos.
Relacionadas:
-
Saen a poxa por 180 euros os seis cabalos capturados no Rañadoiro
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Volven atrapar cabalos salvaxes que danaban propiedades e cultivos no Rañadoiro
Por Diego Espiño |
-
Investigan a aparición de tres cabalos mortos en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
A problemática dos cabalos salvaxes de Ponte Sampaio, ante a Xunta e a Subdelegación
Por Redacción |