'El Chicle', sen avogado, sen contacto coa súa familia e sen información do exterior na Lama
Por Natalia Puga
O interese social e mediático que xerou todo o relacionado coa desaparición e morte de Diana Quer e a detención do seu presunto responsable, José Enrique Abuín Gey, coñecido como 'El Chicle', trasladouse este venres ao centro penal da Lama. O investigado leva desde o mércores neste penal pontevedrés e este venres converteuse en foco da noticia porque o seu avogado, José Ramón Sierra, anunciara que iría visitalo.
O letrado chegou ás 11.20 horas da mañá e saíu unha hora e dez minutos despois, ás 12.30. Á súa saída, anunciou o que algúns medios xa adiantaran días atrás, que renuncia a seguir co seu defensa. A noticia deuna ante varias decenas de profesionais dos medios da comunicación de toda España que esperaban no exterior do recinto.
Ademais de anunciar que xa non seguirá co caso e que este mesmo venres formalizaríase ese trámite, José Ramón Sierra tamén deu a coñecer pequenos detalles de como está a ser a estancia de José Enrique Abuín na Lama, onde está en prisión preventiva comunicada e sen fianza investigado polos delitos de homicidio/asasinato, detención ilegal e contra a liberdade sexual.
Entre outros detalles, deu a coñecer que "él no ha llamado a nadie hasta este instante" e, para ser máis concreto, que "con nadie ha hablado por teléfono hasta día de hoy", o que implica que desde que o 1 de xaneiro o Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira ordenou o seu ingreso en prisión, non tivo contacto con ninguén da súa familia nin tampouco coa súa muller, Rosario Rodríguez Fraga, incialmente detida e investigada por esta causa, pero agora exonerada.
'El Chicle' estivo entre o 1 e o 5 de xaneiro incomunicado e, desde entón, xa podía comunicarse, pero non falou con ninguén máis que os seus avogados -José Ramón Sierra e outros letrados do seu despacho-. Foron eles os que lle levaron roupa primeiro á prisión de Teixeiro e este venres á da Lama, onde entraron cos seus aveños persoais nunha bolsa de Mercadona.
Ademais, durante o tempo que durou esa incomunicación por orde xudicial tampouco puido informarse a través dos medios de comunicación e logo pasou varios días nunha cela de Teixero nos que non tiña televisión nin acceso a radio ou xornais. Desde a súa chegada á Lama, permanece nunha cela cunha parede acristalada no módulo de enfermería no que tampouco tivo acceso a medios de comunicación.
Á vista de tales circunstancias, o investigado non ten máis contacto co exterior que a través dos seus avogados e foron eles os que lle informaron do resultado do informe preliminar da autopsia realizada ao corpo de Diana Quer, que botou por terra a súa versión de que a matou nun atropelo fortuíto, pois conclúe que a moza morreu por estrangulamiento.
Na Lama 'El Chicle' atópase, segundo o seu xa ex avogado, "muy flojo" de ánimo e el cre "que si" que está arrepentido. Atópase, segundo revelou o letrado, "con unas normas distintas al resto de los internos preventivos". A pesar de que foi trasladado de Teixeiro á Lama por razóns de seguridade porque no penal coruñés había un miemro do clan de Vos Fanchos ao que en 2007 delatou tras unha operación de narcotráfico, José Ramón Sierra asegura que o seu xa ex cliente "por lo que me trasmite a mí, no está amenazado ni se siente amenazado".
Relacionadas:
-
'El Chicle' deixa A Lama tras máis de oito meses e trasládano a León
Por Natalia Puga |
-
'El Chicle', sometido a unha avaliación pericial na Parda
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
'El Chicle', unha semana na Lama con insultos doutros internos e interese polos deportes
Por Natalia Puga |
-
'El Chicle', nunha cela acristalada na Lama baixo o protocolo de prevención de suicidios
Por Natalia Puga |
-
A familia de Diana Quer dispara a petición de firmas promovida polo caso do parricida de Moraña
Por Natalia Puga |
-
'El Chicle', trasladado á prisión da Lama por motivos de seguridade
Por Natalia Puga |
-
Con Diana Quer na memoria
Por Redacción |