Enchede Pontevedra de pingüíns!
Por Redacción
A XXXI Campaña Antártica dirixida polo Ministerio de Industria e apoiada polo Exército de Terra, despregada este mes de xaneiro en Illa Decepción - a uns cen quilómetros da Antártida - xa abriu a campaña de apadriñamento de pingüíns 2018 que se prolongará ata o 15 de marzo. Trátase dunha iniciativa de concienciación ambiental, gratuíta para quen queira sumarse a ela. Na pasada edición lográronse apadriñar máis de 15.200 pingüíns.
As persoas interesadas só han de encher un sinxelo formulario dispoñible na web do Ministerio de Defensa. Unha vez xestionada a petición recibirán un diploma acreditativo coa fotografía do pingüín apadriñado, o nome que decidisen poñerlle e o compromiso de coidar o medio ambiente para que estes animais poidan seguir vivindo na Antártida.
Nesta edición a campaña engade unha novidade. Creouse o reto "5000 pingüíns contra o Cancro" de forma que se poden tamén facer doazóns cuxo destinatario integramente será a Asociación Española Contra o Cancro e os seus proxectos de investigación.
CAMPAÑA ANTÁRTICA
A Campaña Antártica é a operación exterior máis antiga do Exército de Terra. Durante os catro meses que estes militares permanecen en Illa Decepción serven de apoio aos científicos que tamén se desprazan ata a Antártida, así como de difusores da actividade que desenvolven desde as bases Juan Carlos I e Gabriel de Castilla.
Desta difusión poden beneficiarse tamén os centros educativos, xa que existe a posibilidade de realizar videoconferencias centradas en diversas áreas temáticas relacionadas coa Campaña Antártica.
Relacionadas:
-
Sanxenxo pon unha pica na Antártida
Por Redacción |
-
O IES Illa de Tambo, conectado coa Antártida
Por Redacción |
-
RADIO.- Comandante Valentín Benéitez desde a Antártida: "hai evidencias dun quecemento global"
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Como son cen días no cráter dun volcán na Antártida?
Por Marisa Ciordia |
-
13 militares van prepararse no Grove para a Campaña Antártica
Por Redacción |
-
O Camiño de Santiago xa empeza na Antártida: nacen os pinguirinos
Por Redacción |