Cerponzóns prepárase para festexar o seu patrón
Por Redacción
Os próximos días 26, 27 e 28 de xaneiro a parroquia pontevedresa de Cerponzóns celebrará as festas do seu patrón San Vicente.
O organizador das festas é o mesmo veciño que se encargou de realizar as do Corpus, Germán Piedras que xa fixo un avance dos actos previstos.
A programación comeza o venres a partir das 21:00 horas cunha degustacion de callos a prezos económicos, e a actuación do Trío Angel América e a exhibición da Escola de Baile Baila-Mos
A xornada do sábado comeza coas alboradas a cargo do grupo Boa Vila e remata coa verbena a cargo do Grupo Claxxon.
E o domingo haberá alboradas a cargo do grupo Os Alegres, misa cantada na honra de San Vicente e tirada de fogos. A sesión vermú estará amenizada polo Trío Ángel América. Pola noite Claxxon pechará as festas noutra verbena.