Rescatan dúas persoas atrapadas no seu vehículo tras sufrir un accidente en Moraña
Por Redacción
Dúas persoas tiveron que ser excarceradas a última hora do xoves tras quedar atrapadas no interior do seu vehículo despois de sufrir un accidente de circulación.
O suceso tivo lugar en Moraña, cando o turismo que conducían saíu da vía cando circulaba pola estrada EP-0018, na intersección coa PO-221 no lugar de Paraños.
As dúas persoas foron rescatadas polos servizos de emerxencia e trasladadas ao seu centro hospitalario de referencia, aínda que o seu estado non revestía gravidade segundo informa o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.
Un particular alertou do accidente ás 21:45 horas do xoves, polo que se puxo en marcha un operativo no que participaron, ademais de Urxencias Médicas, efectivos dos bombeiros do Salnés, GES da Estrada e Protección Civil.