O Concello oferta máis de 50 actividades de formación para os centros escolares
Por Redacción
Logo do éxito da oferta educativa que presentou o Concello de Pontevedra aos centros de ensino o pasado ano a través da Concellaría de Educación, neste curso 2017-2018 volveu a elaborar un catálogo de actividades, obradoiros e recursos educativos que cada un dos departamentos municipais ofertan aos colexios dende principios de curso.
Coordinados a través da Concellaría de Educación, que xestiona Carmen Fouces, o propósito deste catálogo é dar unha oferta conxunta e exclusiva. É un catálogo que se vai actualizando trimestralmente, e que se remitirá, polo tanto, nestes días a todos os centros de ensino do concello.
O propósito é contribuír á educación dos escolares achegandoos á vida diaria da cidade a través de servizos como a Policía Local ou bombeiros; ao patrimonio e os recursos naturais como son os roteiros de Normalización Lingüística, de Medio Ambiente Natural ou de Patrimonio Histórico; ou ofrecéndolles recursos para mellorar o seu rendemento escolar e o coñecemento da sociedade na que crecen, como poden ser Pontenciencia ou os obradoiros de prevención de condutas adictivas, entre outras moitas máis propostas.
Son 55 actividades de todo tipo: conferencias, cursos, exposicións, programas de lecer como Noites Abertas, visitas ás instalacións municipais, roteiros, unidades didácticas, teatro... Esta programación se vai nutrindo cada ano con novas propostas.
As propostas municipais resultan, cada ano, todo un éxito dado que nelas participaron a práctica totalidade dos escolares de infantil e primaria matriculados en Pontevedra, que son arredor de 5.400.
Dende o Departamento de Educación ofrécese:
- Pontenciencia (para Primaria)
- Obradoiro-coloquio sobre normas posturais
- Exposiciones en préstamo
- Roteiros pola cidade
- Youtubeir@s
- Club de debate
- Correlingua
- Ben veñas, maio
- Dálle á Llingua
- Cántamo en galego: Faladoiros
- Obradoiros
- Materiais e recursos
- O galego tamén noutros mundos
- Castelao e Nós. Unha viaxe pola súa obra
- Castelao para nenos e nenas
- As imaxes de Castelao. Fotobiografía
- Avilés de Taramancos. Fotobiografía
- Luís Amado Carballo
- Frei Martín Sarmiento
- Os traballos de Xaquín Lourenzo
- Eladio Rodríguez
- Alexandre Bóveda
- Manuel Murguía
- Bravú XX
Prevención de condutas adictivas
- Contos para conversar (1o e 2o de Primaria)
- Educación en valores a través do cine (3-6o de Primaria)
- Obradoiros de educación para a saúde (6o de Primaria)
- Obradoiros de prevención do consumo do tabaco, alcol e outras adiccións non químicas (1o - 4o da ESO)
- Programa de prevención de condutas adictivas a través do cine
- Programa de familias educadoras
Centro de información á muller (CIM)
- Programa nAmorAndo
- Consello Municipal da muller nova
Xuventude:
- BIM
- Noites Abertas
- Pisando forte e Escola municipal de igualdade para a mocidade
- Ponteverán
- Local de música
Pazo da Cultura
- Domingos do Principal
- Salón do Libro
Policía Local
- Educación viaria
Bombeiros
- Concurso de debuxos “O traballo dos bombeiros”
- Visitas ao parque de bombeiros
Oficina de Turismo
- Visita guiada polo centro histórico da cidade
Medio Ambiente Natural
- O que o monte agocha
- Exposicións en préstamo
Patrimonio histórico
- Visitas ao CITA
- Publicacións
- Conferencias e coloquios
- Roteiro Pontevedra en feminino
Arquivo municipal
- Unidade didáctica
- Visita ao arquivo
Exposicións en préstamo:
- Educación: Mulleres faro
Medio Ambiente Natural
- Lérez ao natural
- Mergullados no Lérez
- Especies exóticas invasoras
Relacionadas:
-
Os colexios Froebel e Marcos da Portela inician o programa de charlas de seguridade viaria do Concello
Por Redacción |
-
Pisando Forte volve con cinco cursos para a mellora da empregabilidade dos mozos
Por Manu Otero |
-
Ese día no que educación viaria e diversión teñen cita no Pazo
Por Alejandro Vila de la Fuente & Redacción |
-
A creatividade xuvenil de 'Ben veñas, maio' acada os 25 anos
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Estes son algúns dos estereotipos sexistas que seguen asentados entre nenos e adolescentes de Pontevedra
Por Redacción |
-
Doce centros de ensino levarán ás súas investigacións ao campus en Pontenciencia 2018
Por Redacción |
-
Un cento de estudantes integran os Consellos da Muller Nova nos institutos
Por Redacción |