O vendaval causa danos en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Algo semellante ao tornado rexistrado en Sanxenxo ocorreu tamén en Cerdedo-Cotobade. Desde alí producíronse varias chamadas ao 112 Galicia de condutores que circulaban pola N-541 e percibiron como o vento intenso levou por diante árbores e sinais de tráfico.
Ocorreu uns minutos antes das dez desta mañá, concretamente nos quilómetros 75 e 76 da estrada nacional, ao seu paso polo concello de Cerdedo-Cotobade. Ata alí, dirixíronse os axentes da Garda Civil de Tráfico alertados polo persoal do 112 Galicia.
Cando chegaron ao lugar, comprobaron que había desprendementos de terra e sinais tiradas, polo que solicitaron a intervención do servizo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.