O monte de Salcedo esquece as prácticas bélicas para converterse nun espazo de paseo
Por Redacción
Ás 9:30 da mañá deste domingo 21 iniciarase unha visita polo monte comunal de Salcedo co obxectivo de dar outro valor a parte deste espazo que estivera ocupado polas instalacións da Brilat. Segundo expuxo o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, a idea é que esta zona "onde se facían actividades de guerra sexa agora un lugar vivo e de paseo".
O percorrido comezará no lugar de Armada e ao longo de dous quilómetros poderanse ver hectáreas nas que se iniciaron novas plantacións despois de que a Comunidade de Montes eliminase especies invasoras como o eucalipto e a mimosa. Ademais farase un percorrido polos Muíños do Batán e polos petroglifos do Chan dás Mouras, xa que é a parroquia de Pontevedra que conta con máis restos arqueolóxicos. Dende a Comunidade de Montes de Salcedo sinalaron que dende a zona do Val de Tomeza se obtén unha vista espectacular na que se ven todas as parroquias pontevedresas.
Esta proposta nace coa idea de que o monte se converta nun espazo de ocio e que, sobre todo, os máis pequenos coñezan o valor forestal desta zona. A visita prolongarase ata as 13:30 horas.
Relacionadas:
-
Presentan un ambicioso plan para ordenar o monte pontevedrés e planificar a súa xestión futura
Por Alejandro Espiño |
-
Buscan poñer en valor Tomeza e Salcedo, a "milla de ouro" arqueolóxica e natural de Pontevedra
Por Redacción |
-
Defensa e comuneiros, enfrontados pola cuantía do canon a pagar polos terreos da Brilat
Por Oskar Viéitez |
-
Os comuneiros de Salcedo derrubarán a aldea afgana edificada pola Brilat nos seus montes
Por Redacción |