Convenio para financiar as actividades da ANPA do instituto de Ponte Caldelas
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e a presidenta da asociación de nais e pais (ANPA) do instituto de ensino secundario da localidade, Ángeles Carrera, rubricaron o convenio de colaboración entre ambas as entidades.
Este convenio supón unha achega económica por parte da administración local de 2.150 euros.
O motivo é o financiamento das actividades extraescolares dos alumnos ao longo do presente curso académico.
Con esta achega o Concello supera os 12.000 euros de axuda en total ás ANPA dos centros educativos do municipio, ao sumarse aos acordos coas asociacións dos colexios de Infantil e Primaria Cordo Boulloso e da Reigosa.