Os Reis Magos chegan á Lama montados en... seiscentos
Por Redacción
O Seat Seiscentos é un coche xa clásico do século XX e os Reis de Oriente quixeron recuperalos para achegarse ata o municipio da Lama e comezar a repartición de agasallos no centro multiusos.
Alí, o alcalde Jorge Canda recibía ao séquito real acompañado de membros da directiva da ANPA do centro e da comunidade de montes da Lama. Xunto a eles, decenas de menores gozaron da presenza de Melchor, Gaspar e Baltasar.
O propio alcalde lembrou aos pequenos a necesidade de estudar e, a continuación, participou na entrega inicial de agasallos. Todos os participantes foron convidados á proxección dunha película infantil este domingo 7 de xaneiro no mesmo centro multiusos.