Maxia, música e comitiva real para celebrar a chegada dos Reis Magos a Sanxenxo
Por Redacción
Está previsto que os Reis Magos cheguen este venres ás 17.00 horas ao porto de Portonovo cunha recepción, que será o anticipo da saída da comitiva desde o porto de Portonovo, ás 18.30 ata o porto de Sanxenxo.
En caso de choiva, a organicazión do Concello de Sanxenxo ten previsto realizar unha recepción no pavillón de Baltar, desde as 17.00 horas. No pavillón de Vilalonga vai desenvolverse outra recepción dos Reis desde as 16.30 horas, organizada pola asociación de veciños do Salnés.
A xornada contará co espectáculo 'Magomóbil' do mago Antón. Ás 12.30 horas será no Parque do Espiñeiro en Portonovo mentres que pola tarde, ás 18.00 horas, realizarase na praza dos Barcos en Sanxenxo.
Xa durante o sábado 6 de xaneiro desenvolverase a Cabalgata de Aios, con saída ás 11.00 horas da capela para realizar un percorrido polas principais rúas de Aios. O acto está organizado pola asociación Os Raposos. A Escola de Educación Infantil de Aios organiza a partir das 13.00 horas un Belén vivente.
A asociación cultural comisión de Festas Virxe do Carmen de Noalla pon en marcha unha cabalgata en Noalla a partir das 18.00 horas, con saída desde A Carballeira.
A banda de música de Sanxenxo pechará os actos festivos co concerto solidario de Reis no Pazo Emilia Pardo Bazán. Será ás 19.00 horas do 6 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Os nenos e nenas de Sanxenxo tamén se ilusionan cos Reis Magos
Por Redacción |
-
Caldas suspende a cabalgata de Reis
Por Redacción |
-
As Súas Maxestades de Oriente visitarán os concellos da comarca
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Os Reis Magos chegarán a Ponte Caldelas cun festival a cuberto da choiva
Por Redacción |