Os Reis Magos chegarán a Ponte Caldelas cun festival a cuberto da choiva
Por Redacción
O mal tempo cambiará os plans dos Reis Magos na súa visita a Ponte Caldelas, pero non impedirá que as Súas Maxestades poidan recibir as peticións dos nenos do municipio.
Debido ás previsións de choiva, non se celebrará a tradicional cabalgata, pero no seu lugar terá lugar un festival para cuberto no local da discoteca Reivi.
O mesmo terá lugar este xoves 4 de xaneiro entre as 17:00 e as 21:00 horas, incluíndo animación musical e "moitas sorpresas", aseguran os promotores, a asociación de comerciantes locais Coempo co apoio do Concello.
"Falamos dun evento no que hai rapaces de todas as idades e non nos parece axeitado que estean agardando á choiva cando podemos ofrecerlles un festival cómodo para toda a familia", sinalou o alcalde Andrés Díaz.
Está previsto que á súa chegada Melchor, Gaspar e Baltasar, ademais dos caramelos habituais, repartan un agasallo para cada un dos nenos e nenas que ata alí se acheguen.
Ademais a última hora repartirase chocolate con rosca grazas á colaboración das asociacións de mulleres rurais do Verdugo, de Xustáns e de Aires del Norte y Olé.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas, primeira parada dos Reis Magos na comarca
Por Redacción |
-
Maxia, música e comitiva real para celebrar a chegada dos Reis Magos a Sanxenxo
Por Redacción |
-
A choiva toma posicións e acompañará aos Reis Magos na súa visita ás Rías Baixas
Por Redacción |
-
Na Noitevella, festa rachada en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A Apalpadora estréase no Cordo Boullosa repartindo landras e consignas medioambientais
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas acende a iluminación do Nadal
Por Oskar Viéitez |