213 persoas atoparon traballo na Boa Vila o pasado mes de decembro
Por Redacción
Un total de 213 persoas encontraron traballo no Concello de Pontevedra o pasado mes de decembro. Deste xeito a cifra total de desempregados na Boa Vila sitúase en 6.027 persoas. É un 3,41% menos que en novembro.
En todo 2017, o paro en Pontevedra reduciuse en 566 persoas. Trátase dun descenso do 7,95% con respecto aos desempregados que buscaban a traballo hai apenas un ano, que se situaban nos 6.593 pontevedreses.
Novembro | Decembro | Variación | |
Pontevedra | 6.240 | 6.027 | -213 |
Barro | 288 | 301 | 13 |
Bueu | 819 | 821 | 2 |
Caldas de Reis | 806 | 845 | 39 |
Cambados | 1.113 | 1.159 | 46 |
Campo Lameiro | 143 | 147 | 4 |
Cerdedo-Cotobade | 365 | 396 | 31 |
Cuntis | 337 | 354 | 17 |
O Grove | 985 | 1.065 | 80 |
A Illa de Arousa | 302 | 311 | 9 |
A Lama | 181 | 177 | -4 |
Marín | 1.821 | 1.783 | -38 |
Meaño | 416 | 437 | 21 |
Meis | 384 | 397 | 13 |
Moraña | 347 | 355 | 8 |
Poio | 1.184 | 1.152 | -32 |
Ponte Caldelas | 530 | 538 | 8 |
Portas | 210 | 223 | 13 |
Ribadumia | 367 | 360 | -7 |
Sanxenxo | 1.312 | 1.296 | -16 |
Vilaboa | 431 | 424 | -7 |
Vilagarcía de Arousa | 3.645 | 3.630 | -15 |
Vilanova de Arousa | 805 | 819 | 14 |
DATOS PROVINCIAIS
A provincia pecha o ano con 73.644 demandantes de emprego. Un total de 831 pontevedreses atoparon traballo no último mes de 2017, o de decembro, segundo os datos que publicou este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Así, a provincia rexistrou un descenso do 1,12% con respecto ao mes de novembro.
Hai un ano, en decembro de 2016, había 82.339 desempregados en toda a provincia, polo que o descenso interanual foi de 8.695 persoas, un 11,80%.
Pola súa banda, o número de desempregados en Galicia baixou en decembro en 2.162 persoas, un descenso do 1,16% con respecto ao mes anterior. Así, as oficinas dos servizos públicos de emprego atenden, ao 31 de decembro de 2017, a 185.013 galegos.
No conxunto do ano 2017, 20.901 parados abandonaron as listas do paro. Esta cifra supón que os datos do desemprego en Galicia descenderon un 10,15% no último ano.
Os datos tamén son positivos a nivel nacional. A cifra total de desempregados situouse en 3,41 millóns de españois. ao reducirse en 61.500 persoas este último mes. É un 7,84% menos que a finais de 2016.
Un total de 290.193 parados atoparon traballo este ano. Trátase do quinto descenso anual consecutivo nas cifras de demandantes de emprego. É, en todo caso, unha redución menos intensa que os dous exercicios anteriores.
Relacionadas:
-
O paro baixa en marzo en 105 persoas na cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O paro cae en febreiro, animado polo sector servizos, en 800 persoas en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Mal dato do paro en xaneiro: 310 desempregados máis na cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Lixeira subida do paro en novembro en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Outubro deixa 102 parados máis na cidade de Pontevedra, coa provincia liderando a suba en Galicia
Por Redacción | Creada e actualizada