Con Diana Quer na memoria
Por Redacción
O brutal crime da nova Diana Quer, cuxo cadáver apareceu hai uns días nunha nave abandonada de Rianxo, volveu a xerar unha onda de repulsa cara ao que, toda a sociedade, considera un crime machista intolerable. O seu autor confeso, José Enrique Abuín, alias El Chicle, xa está en prisión.
Decenas de persoas concentráronse onte á noite ante a Audiencia de Pontevedra para mostrar condenar este novo "feminicidio" e esixir que Diana Quer sexa considerada como vítima da violencia machista.
Os asistentes a esta mobilización, convocada polo Colectivo Feminista de Pontevedra, quixeron facer chegar desta maneira a súa solidariedade coa familia e os amigos da vítima.
"Todas somos Diana Quer volvendo a casa pola noite", chegouse a escoitar entre as manifestantes, que desafiaron ao frío e á choiva para esixir que se "desnormalicen" todas as condutas machistas.
Ademais, esixiron ás autoridades que se destinen máis recursos e máis medios para a loita contra a violencia machista, unha lacra que en 2017, segundo denunciaron, rexistrou un total de 98 feminicidios.
Nesa lista inclúen non só as mulleres que foron asasinadas pola violencia machista, senón tamén os fillos homes que perderon a vida como consecuencia dunha destas accións.
Relacionadas:
-
'El Chicle', sen avogado, sen contacto coa súa familia e sen información do exterior na Lama
Por Natalia Puga |
-
'El Chicle', nunha cela acristalada na Lama baixo o protocolo de prevención de suicidios
Por Natalia Puga |
-
A familia de Diana Quer dispara a petición de firmas promovida polo caso do parricida de Moraña
Por Natalia Puga |
-
'El Chicle', trasladado á prisión da Lama por motivos de seguridade
Por Natalia Puga |
-
Concentración en repulsa polo crime de Diana Quer
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra concéntrase o martes en repulsa polo crime machista de Diana Quer
Por Natalia Puga |