Buscan un condutor que atropelou un ciclista en Salcedo e fuxiu
Por Natalia Puga
Efectivos da Garda Civil buscan o condutor dun vehículo que na noite deste martes atropelou un ciclista en Salcedo e a continuación fuxiu do lugar, deixándoo ferido na calzada.
Ocorreu sobre as 21.30 horas á altura da gasolineira Los Rosales de Salcedo, na estrada N-550, cando o vehículo circulaba pola estrada de Vigo en dirección a Pontevedra.
Tras o accidente, foron alertados a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, que prestou asistencia ao ciclista ferido no propio lugar do suceso e logo procedeu á súa evacuación a un centro hospitalario.
Nun primeiro momento, foi trasladado ferido grave, pero non transcenderon máis datos sobre o seu estado.
Tráfico estableceu un dispositivo para localizar o condutor do vehículo que atropelou ao ciclista e non lle deu o debido socorro. A procura transcendeu rapidamente e testemuñas presenciais relataron que se trata dun coche de cor gris.
Relacionadas:
-
Tráfico localiza o condutor que atropelou un ciclista en Salcedo e fuxiu
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada