Na Noitevella, festa rachada en Ponte Caldelas
Por Redacción
Ponte Caldelas foi un auténtico fervedoiro de xente durante esta pasada Noitevella. Centos de veciños de toda a comarca participaron na festa organizada polo Concello na Praza de España para dar a benvida ao ano 2018.
A carpa, duns 500 metros cadrados, encheuse para celebrar o cambio de ano.
O Concello contratou á orquestra Miramar que fixo un pase maratoniano ata ben entrada a madrugada e garantiu un magnífico ambiente do que todos os presentes gozaron ao máximo.
As boas condicións meteorolóxicas da noite, permitiron abrir ocos laterais na carpa para que parte do público puidera seguir a actuación dende o exterior.
Tras o éxito da festa, por terceiro ano consecutivo e con novo emprazamento, o goberno municipal xa confirmou que celebrarase no sucesivo na Praza de España.
Relacionadas:
-
Os Reis Magos chegarán a Ponte Caldelas cun festival a cuberto da choiva
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas rectifica e programa de novo a festa nocturna de Fin de Ano
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas suspende a súa Noitevella polo mal tempo
Por Redacción |
-
Uvas anticipadas e unha gran festa de Noitevella en Ponte Caldelas
Por Redacción |