2017, un ano "extraordinario" para Carmela Silva: Pontevedra é un "referente"
Por Redacción
Para a presidenta da Deputación, o ano que termina foi "máis que positivo". Carmela Silva destacou o "extraordinario" balance que, en canto a xestión e proxectos, protagonizou o goberno provincial co obxectivo de converter á provincia de Pontevedra nun "referente" en todo o Estado español.
"Necesitaría varios días para poder contar todo o que fixemos este ano", explica Silva no seu balance de 2017, aínda que cita expresamente os plans estratéxicos de turismo e deporte, o impulso ao Plan Revitaliza de compostaxe, o novo Plan Concellos que, con 72 millóns de euros, pasa a ser bianual, ou o plan de reequilibrio territorial.
A presidenta provincial pon especial relevancia na aprobación do primeiro plan de igualdade da Deputación de Pontevedra ou no novo modelo de mobilidade que impulsa o goberno provincial, con "ducias de proxectos importantísimos" en marcha, ou o "potente" proxecto cultural que está a percorrer os 61 concellos da provincia.
No seu balance, Carmela Silva tamén destaca a "enorme aposta" que se fixo polas políticas sociais nos concellos de menos de 20.000 habitantes con iniciativas que este ano creceron "de maneira exponencial".
Para 2018, Silva expresa o seu desexo que sexa "tan positivo ou máis" que o ano que termina. "Imos poñer en marcha moitos máis proxectos que permitan avances económicos e sociais", avanza a presidenta. Grazas a eles, engade, a provincia será "moito máis moderna, vangardista e con máis desenvolvemento".
"Todos sabemos que o sur de Galicia xa é un dos espazos máis dinámicos do país, pero desde a Deputación queremos ser un elemento fundamental para que esa dinamización tradúzase en proxectos de futuro", segundo a presidenta provincial.
Ademais, Carmela Silva cita como o seu "maior desexo" que tanto a administración central como a Xunta de Galicia, que son as que teñen as competencias en materia de emprego, poñan os "recursos suficientes" para poñer fin á situación de moitos pontevedreses que están en paro, teñen empregos precarios, non chegan a fin de mes ou non cobran ningún subsidio.
Relacionadas:
-
O patrimonio será eixo da promoción das Rías Baixas en Fitur
Por Oskar Viéitez |
-
Durante o 2017 a ocupación hoteleira media provincial superou o 48%
Por Oskar Viéitez |
-
A seguranza viaria no colexio Vilaverde e outras colaboracións do Concello e a Deputación
Por Redacción |
-
O pleno da Deputación aproba "o mellor orzamento da súa historia": 157 millóns de euros
Por Redacción |
-
A Deputación asina convenios con 21 dos 25 concellos beneficiarios do plan de reequilibrio
Por Oskar Viéitez |