Marín adxudica unha nova reforma da Alameda de Seixo
Por Redacción
Marín aprobou a adxudicación da obra de remodelación da Alameda de Seixo. O novo proxecto, segundo o goberno municipal, corrixe a situación anterior, que espertara certa polémica na zona. Agora, sinalan, este espazo será moito máis funcional.
Dentro do espazo existente, diante da Casa da Cultura, sacaráselle un maior aproveitamento e poderanse compaxinar o uso por parte dos nenos coa organización de actividades.
Esta actuación responde os problemas que xerou o entarimado de madeira despois da última remodelación e ás peticións dos veciños, que reclamaban unha praza máis funcional, máis cómoda, sen sobresaltos para os nenos e cunha superficie que permita utilizar esta contorna con máis comodidade.
Actuarase nunha superficie total de 693 metros cadrados. Reutilizarase, na medida do posible, os materiais empregados e o mobiliario urbano existente na zona.
As obras será executadas pola empresa Narom, que presentou a mellor oferta por un importe de 52.569,60 euros.
Unha vez que presenten a documentación e se formalice o contrato, comezarán uns traballos de reforma cos que se pretende mellorar esta importante contorna, moi transitada e importante para a parroquia de Seixo.