Oito integrantes de Xuntos Down Pontevedra acadan a inserción laboral nos últimos tres meses
Por Redacción
Oito usuarios da asociación Down Pontevedra Xuntos acadaron traballo neste tramo final de 2017. No caso de Víctor Vázquez e Diego Touriño, aos que a empresa Arume contrataba como monitores do comedor escolar no CEIP Barcelos e no CEIP Vidal Portela, tras un período de prácticas.
Tamén nestas, como é habitual desde o inicio do programa de Emprego con Apoio, Distribucións Froiz conta con dous usuarios de Xuntos para elaborar as cestas do Nadal, que compaxinan o seu traballo noutras dúas empresas.
A Devesa, referente no sector da panadería, tamén decidiu contratar a unha integrante de Xuntos, Helga García, para facer promoción dos seus produtos entre a clientela dos establecementos.
Son algúns dos casos de integración a través do servizo de Emprego con Apoio que as entidades deDown en Galicia están levando a cabo para insertar laboralmente na empresa ordinaria a persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.
As oito persoas que se incorporaron nestas datas intégranse dentro do grupo de 17 que xa obtiveron traballo na contorna de Pontevedra, segundo informan dentro deste colectivo de axuda social.
Relacionadas:
-
El Combo Dominicano, á fronte do cartel da gala benéfica de Xuntos
Por Redacción |
-
Mozos con síndrome de Down fórmanse como ordenanzas e administrativos
Por Redacción |
-
Gorgullón 41, o "soño feito realidade" de Down Pontevedra Xuntos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Deputación tínguese de azul polo Día Mundial da Síndrome de Down
Por Noelia Torres Pintos |