Onde está San Xurxo de Sacos?
Por Oskar Viéitez
O alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, solicitalle á Demarcación de Estradas do Estado en Pontevedra a instalación das sinais indicativas de inicio e finalización de núcleo de población de San Xurxo de Sacos na N-541 Ourense- Pontevedra.
Neste momento esta parroquia non dispón desta sinalización que si teñen outros núcleos de poboación pola que discorre esta estrada, o que supón un incoveniente á hora da súa identificación polos usuarios da N-541 e que os veciños desta parroquia veñen reclamandolle ao alcalde para que faga as xestións oportunas ante a Demarcación de Estradas do Estado en Pontevedra para a súa instalación.