Unha muller falece tras un incendio na súa vivenda de Poio
Por Redacción & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha muller de 86 anos faleceu en Poio tras declararse un incendio na súa casa mentres durmía. A orixe do lume foi, aparentemente, accidental, pero a Garda Civil abriu unha investigación para aclarar o sucedido.
O incendio, segundo fontes policiais, produciuse nunha vivenda unifamiliar de tres pisos situada no número 34 da rúa Peirao Besada, en Lourido.
A alerta do suceso deuna a filla da propia falecida, que vive no segundo piso. Súa nai reside soa no primeiro piso, xusto debaixo, e, cando baixou a vela, xa a atopou morta
O lume afectara un colchón e quedou extinguido nuns minutos. Os investigadores barallan a hipótese de que a muller faleceu a consecuencia da inhalación de fumes, xa que a vítima foi achada tombada nunha habitación distinta onde se produciu o lume.
A Garda Civil, que se fixo cargo do caso, investiga agora as causas do incendio e desprazáronse ata o lugar especialistas en investigación de incendios da Garda Civil desprazados desde A Coruña.
Ata o lugar, mobilizados polo 112 Galicia, trasladáronse os Bombeiros de Ribadumia e Pontevedra, efectivos de Emerxencias Sanxenxo e a Garda Civil.