Stranger Things inspira unha Sétima Feira "excepcional" para xaneiro
Por Redacción
Unha das series de televisión de moda en todo o mundo, Stranger Things, é a fonte de inspiración do cartel co que a concellería de Promoción económica anuncia a celebración dunha Sétima Feira "excepcional". Será o 20 de xaneiro.
Como sempre, terá lugar no primeiro andar da praza de abastos de Pontevedra.
Dado o carácter desta convocatoria, todas as persoas que estean interesadas en participar deberán facer chegar a súa proposta a oficina da Sétima Feira a través do correo setimafeira@pontevedra.gal. A organización porase en contacto con eles.
Sétima Feira abrirá en horario de 11.00 a 15.00 horas e contará cun amplo abano de propostas creativas do país: en moda, arte, gastronomía e música. Tamén regresará a Sétima Feira Infantil, con divertidas actividades para a cativada.
Sétima Feira é unha iniciativa impulsada polo Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escena creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo e apostando pola colaboración entre novos creadores e comercio local.
Relacionadas:
-
O espírito do Entroido invade a Sétima Feira no seu segundo aniversario
Por Redacción & Diego Torrado |
-
"Cousas estrañas" no mercado de abastos para o regreso da Sétima Feira
Por Redacción & Beatriz Ciscar |
-
Nove praceiras amplían os seus postos no mercado de abastos de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A antiga Bolera reabre a súas portas como tenda efémera da Sétima Feira
Por Alejandro Espiño |
-
Balance "moi positivo" do segundo ano de Sétima Feira
Por Redacción |
-
Sétima Feira converte o mercado nun fervedoiro creativo
Por Redacción |