Medran os tránsitos de embarcacións recreativas en Combarro e Sanxenxo
Por Redacción
Os portos de titularidade autonómica recibiron 8.754 barcos en tránsito durante o conxunto do ano 2017, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións naútico recreativas. Así o destacou este martes o presidente do ente público responsable da xestión destas infraestruturas, Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do Club Náutico San Vicente, en Pedras Negras, O Grove.
Durán Hermida explicou que o porto deportivo de Muros rexistrou o maior número de embarcacións destas características de toda Galicia, con 1.031 tránsitos, seguido de Combarro, con 839; e do porto deportivo de Baiona, con 639.
No ámbito das Rías Baixas, a comarca con maior rexistro de actividade, recibíronse durante 2017 un total de 8.190 tránsitos, un 9% máis que o pasado ano. En concreto, na provincia de Pontevedra, líder nesta actividade, rexistráronse 5.869 tránsitos, un 9% máis que o ano pasado. O municipio con máis número de tránsitos foi Baiona, seguido de Sanxenxo.
O presidente de Portos lembrou que, deste xeito, a comarca das Rías Baixas e a provincia de Pontevedra confirman a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa nos pasados anos un importante ascenso e que no que vai de verán está a manter os bos resultados.
Así mesmo realizou balance económico do volume de negocio xerado por esta actividade. Durán Hermida indicou que en toda Galicia a cifra de volume de negocio no sector auxiliar da náutica e o sector servizos das vilas portuarias superou os 2,5 millóns de euros, e máis de 1,7 millóns no referido á provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
As Rías Baixas reciben máis da metade dos barcos en tránsito que chegan a Galicia
Por Redacción |
-
Nauta tamén presentará alegacións á prórroga da concesión do Real Club Náutico
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo recada case medio millón de euros en 2017 polo parking do porto
Por Redacción |
-
Récord de embarcacións en tránsito aos portos deportivos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |