Un novo rebentón en Poio deixa sen auga á parroquia de San Xoán
Por Redacción
Un novo rebentón na rede de abastecemento de Poio deixou sen auga desde a madrugada deste martes aos veciños da parroquia de San Xoán.
Unha vez máis o problema localízase na estrada PO-308, na coñecida como custa de Albar. Ao longo deste viario discorre a liña principal de subministración.
Un dos tramos do viario permanece afectado pola presenza de operarios e maquinaria na calzada.
A empresa concesionaria traballa a contrarreloxo para substituír o tramo de tubaxe roto. Para iso foi necesario cortar a auga.