Dez cousas que non sabías das terrazas de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
- Oficialmente nas rúas de Pontevedra hai un total de 1.963 veladores, isto é, o conxunto conformado por unha mesa e catro cadeiras.
- Son 297 os establecementos dados de alta no Concello neste capítulo.
- A recadación total deste exercicio é 205.720,67 euros.
- O custo medio de cada velador é duns 105 euros todo o ano.
- A inmensa maioría dos veladores están integrado no nivel 1, que inclúe toda a zona vella, as áreas peonís e boa parte do centro urbano. Na categoría dúas só hai 72.
- Fai vinte anos, cando se aprobou a actual ordenanza, apenas había 48 terrazas.
- A taxa ponse ao cobro en pleno verán, de xuño a agosto, cando se supón que aumentan as instalacións, aínda que desde hai tempo xa son terrazas permanentes todos os meses.
- As cafeterías que máis pagan polas súas terrazas son o Carabela, a da Praza da Liberdade e o Branco e Negro
- Actualmente unha terraza debe deixar libre na beirarrúa un espazo mínimo dun metro.
- O horario actual de apertura dos veladores é desde as once da mañá ata medianoite.