Unha xincana infantil descobre a Illa do Covo
Por Redacción
A Concellaría de Promoción da cidade organizou este día de Noiteboa unha demostración da nova xincana infantil "Descubrindo a Illa do Covo" da man dos seus guionistas: Polo correo do vento.
A cita comezou ás 17.00 horas na praza de entrada á Illa do Covo, xunto á pasarela peonil. O único requisito para participar na xincana era que os menores foran acompañados dun adulto que dispuxese ben dun teléfono móbil ou tablet, no que estea instalada unha aplicación lectora de códigos QR.
En cada parada da xincana, os rapaces escaneaban estes códigos e vías os breves vídeos nos que aparecen os seus protagonistas: Uxía e Brais acompañados da cadela Ponte.
Na súa viaxe pola illa atopáronse con distintos persoeiros como Javier Gómez Noya, o Padre Sarmiento ou o Lobo Orbil.
Todos eles ofrecían pistas para ir completando a xincana (ten 9 paradas) que rematou na Casa da Luz, onde o Pirata Soto felicitou aos participantes que, ademais, conseguiron o diploma de "Guía oficial da Illa do Covo".