Vaipolorío planta árbores de ribeira nos Gafos
Por Oskar Viéitez
A última lección ambiental do colectivo ecoloxista Vaipolorío centrouse na importancia do bosque de ribeira, esa galería arbórea que debería acompañar ao río Gafos en todo o seu percorrido.
Os voluntarios desta asociación dedicaron a xornada do sábado para plantar árbores que garantan a biodiversidade de todo o ecosistema fluvial, coa presenza de árbores e arbustos, de folla caduca, adaptados a condicións de inundación prolongada.
Nas Rías Baixas a especie arbórea máis estendida é o ameneiro (aliso), a máis higrófila de todas as especies, que adoita ocupar a primeira liña da canle; a continuación sitúanse os salgueiros (sauces) e freixos (fresnos), aínda que tamén aparecen carballos (robles), castiñeiros, abeleiras (avellanos) e bidueiros (abedules), o loureiro (laurel).
En condicións ideais, un bosque de ribeira ben conservado debería comprender unha banda de vexetación de entre 3 e 5 veces a anchura do río.
Relacionadas:
-
Rodas e colchóns no río
Por Oskar Viéitez |
-
Xornada de retirada de voluminosos do río Tomeza
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío pide voluntarios para retirar árbores caídas no río Gafos
Por Redacción |
-
Unha tese universitaria estudará a eliminación de especies invasoras nas ribeiras do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío limpa o patrimonio etnográfico do río Gafos
Por Oskar Viéitez |