Recadan máis de oito mil euros para os afectados polos incendios en Ponte Caldelas
Por Redacción
Os membros da coordinadora conformada polo grupo de asociacións e colectivos sociais agrupados baixo o nome xenérico de "Ponte Caldelas Solidaria" pechan a súa campaña de actos públicos de recollida benéfica cunha recadación de 8.758 euros que irán destinados á conta de Cáritas-Concello para que sexan entregados aos damnificados polos incendios do pasado mes de outubro, segundo criterios técnicos que determinarán os responsables do departamento de servizos sociais e responsables locais de Cáritas.
As poxas que se estaban desenvolvendo en Instagram continuarán no mes de xaneiro, despois do parón de Nadal, onde se subastarán os lotes restantes de produtos de primeiras marcas a nivel nacional e que tanto éxito de participación están a protagonizar.
Os cartos que xeren estas poxas incorporaranse directamente á conta de Cáritas-Concello.
No balanzo presentado na derradeira xuntanza do ano da coordinadora "Ponte Caldelas Solidaria " informouse de que a gala benéfica do humor e a música serviu para recadar 3.420 euros, en imáns conseguiuse 775 euros, na cea solidaria de Cáritas 1.805 euros, na xornada Ponte Caldelas Solidaria do pavillón coa comida e os postres caseiros e as poxas de produtos e servizos doados polos comerciantes de Ponte Caldelas e doantes particulares xuntáronse 1.527 euros mentras que coas subastas de Instagram lévanse conseguido, ata o momento do parón polo Nadal, de 1.231 euros.
Relacionadas:
-
A experiencia de Ponte Caldelas cos incendios de 2017 chega á Universidade de Santiago
Por Redacción |
-
A conta solidaria aberta en Ponte Caldelas tras os incendios recadou 16.000 euros
Por Redacción |
-
Un colexio de Madrid fai unha doazón de 1.678 euros para os afectados polos incendios en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Unha carreira de orientación recadará fondos para os afectados polos incendios
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas celebra este domingo a xornada solidaria cos damnificados polos incendios
Por Redacción |
-
Preto de 200 persoas danse cita na cea solidaria de Cáritas a prol dos damnificados polos incendios
Por Redacción |
-
Os damnificados polos incendios recibirán 3.420 euros da gala benéfica solidaria
Por Redacción |