O Grove mellora o firme de varios viarios en San Vicente do Mar
Por Redacción
Operarios municipais do Concello do Grove traballan estes días en varias actuacións de melloras no núcleo de San Vicente do Mar.
En concreto, actúase nos lugares nos que as raíces de árbores próximas danaran o firme do viario e dificultaba a circulación.
As actuacións expostas supoñen o fresado, a uniformización do firme e o posterior parcheado, o que supón unha notable mellora da estrutura e da seguridade para vehículos e peóns.
Estas obras acométense con recursos propios municipais e permiten atallar o descoido que sufrían algunhas zonas do Grove, especialmente no rural.