Pablo Dapena e Víctor Pedreira, primeiros candidatos aos premios Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Xa se coñecen os nomes dos primeiros candidatos aos premios Cidade de Pontevedra que, anualmente, concede a corporación municipal da Boa Vila. Trátase do triatleta Pablo Dapena e do psiquiatra Víctor Pedreira.
A primeira candidatura -a de Víctor Pedreira- foi presentada pola Asociación Alba de familiares e amigos de persoas con enfermidade mental de Pontevedra. Buscan recoñecer a un profesional que, xunto co traballo na súa especialidade, é defensor da sanidade pública.
Pablo Dapena, pola súa banda, foi proposto pola Aula de Educación Vial de Pontevedra, en recoñecemento aos seus innumerables éxitos deportivos.
Ambos optan ao Cidade de Pontevedra na categoría de persoa física.
O prazo para presentación de candidaturas aos premios que levan o nome da cidade segue aberto ata o próximo 5 de xaneiro.
Os galardóns serán entregados con toda solemnidade nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrón da cidade.
Relacionadas:
-
O psiquiatra Víctor Pedreira e a Escola de Xadrez, premios Cidade de Pontevedra 2017
Por Natalia Puga |
-
Aquí están as candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Escola Xadrez Pontevedra, candidata aos premios Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Quedan tres días para presentar candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Na busca dos próximos gañadores dos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |