Os deputados do PP acusan de "parálise e falla de xestión" ao goberno provincial
Por Oskar Viéitez
Os deputados do PP na Deputación de Pontevedra, Luis Aragunde e Jorge Canda, fixeron un balance moi negativo do investimento e da xestión desenvolvida polo goberno bipartito no ente provincial ao que acusan de parálise e de "primar os esforzos investidores cara as dúas grandes cidades en lugar de dedicarse a apoiar e auxiliar aos pequenos e medianos concellos como é a súa función real"-
Aragunde sostivo que "a estas alturas do ano a Deputación só ten executado o 40% do seu orzamento o que dá boa idea da súa nula capacidade operativa e de xestión".
O acto de presentación de balance de xestión contou tamén coa presenza do alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o voceiro popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, o seu homólogo en Ponte Caldelas, Ricardo Castro, o concelleiro caldelán Jesús Rosón e a concelleira de Poio, Rocío Cochón, que valoraron moi positivamente o esforzo dos deputados populares na oposición.
Por outra banda, Aragunde referíuse ás axudas da Deputación polos incendios e preguntou "cántos cartos dos 90 millóns que anunciou Carmela Silva irán destinados aos seus veciños afectados?. A resposta é clara: Cero pataqueiro", asegurou o deputado popular quen tamén dixo que o plan de axudas para parques forestais fora "un auténtico fiasco onde só 10 dos 62 concellos da provincia presentaron proxectos quedando sen adxudicar 750.000 euros obrigando ao bipartito a facer unha nova convocatoria para dar saída a unha ferramenta que non é válida nin para os concellos que gobernan eles".
Aproveitando que esta xuntanza tivo lugar en Ponte Caldelas, Aragunde tamén criticou á xestión do alcalde local, Andrés Díaz, do que dixo que "todo é fume, todo é facebook, todos son fotos e de xestión, de arranxar os en problemas dos seus veciños, nada de nada".
Relacionadas:
-
Renovación "ampla" no Partido Popular en 2018 para afrontar as eleccións municipais
Por Redacción |
-
O novo Plan Concellos da Deputación é "a maior inxección de recursos da historia"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP acusa o goberno da Deputación de esquecer as comarcas de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |