Policías e gardas civís recollen firmas pola igualdade salarial con outros corpos
Por
Representantes da asociación Jusapol, todos os sindicatos de Policía Nacional e todas as asociacións da Garda Civil iniciaron este mércores en Pontevedra a campaña de recollida de firmas que xa se puxo en marcha días atrás noutros puntos de España para apoiar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) "para a efectiva igualdade e equiparación salarial de policías no Estado español".
Policías e gardas civís recolleron firmas ao longo da mañá ante as comisarías de Marín e Pontevedra e tamén na Comandancia da Garda Civil e na rúa a todos os cidadáns que lles apoian na súa reivindicación, que pode resumirse nunha frase: "a mesmo traballo, mesmo salario".
Os axentes solicitan que os seus salarios se igualen ao das policías autonómicas e locais e márcanse como reto lograr as 500.000 firmas necesarias para que se tramite a ILP antes de que acabe o ano. En Pontevedra móstranse moi satisfeitos polo resultado da primeira mañá, este mércores, pois asinaron tanto outros compañeiros como cidadáns anónimos.
Ademais, lograron as firmas das concelleiras de Cidadáns e PSOE en Ponteveda, María Rey e Paloma Castro, que acudiron á Comisaría para manifestar o seu apoio ás súas reivindicacións. Os socialistas, ademais, anunciaron este venres que levarán a petición ao pleno da corporación a través dunha moción.
As diferenzas salariais con outros corpos policiais autonómicos como Mossos d'Esquadra, Policía Foral e Ertzaintza chega a alcanzar os 12.000 euros ao ano. Un axente da Garda Civil cobra 650 euros ao mes de complemento específico, na Policía Nacional son 689 e para un Mosso d'Esquadra 1.525.
"Demandamos a igualdade efectiva de retribucións", resume o portavoz de Jusapol, Alejandro Gómez, que fai un chamamento aos cidadáns para que "nos axuden para acabar con esta desigualdade tan clamorosa". A portavoz do Sindicato Unificado de Policía (SUP), Sandra Fernández, lembra que "dignidade salarial para todos é unha reivindicaión que leva máis de 25 anos" mentres que o representante de UFP, Agustín Vigo, indica que "estamos moi mal valorados con respecto a outras policías do Estado e de Europa".
Relacionadas:
-
Policías e gardas civís percorren as rúas de Sanxenxo para reclamar "a igual trabajo, igual sueldo"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O SUP denuncia que os policías que vixían os xulgados levan desde xaneiro sen cobrar complementos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Policías e gardas civís demandarán equiparación salarial nas rúas de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Jupol, sindicato herdeiro de Jusapol, toma posicións na Comisaría de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Jacobo Moreira lima asperezas cos representantes da Garda Civil e da Policía Nacional
Por Anxo Lourido |
-
Membros da Garda Civil e da Policía Nacional, molestos nas redes porque o PP non apoiou no pleno a equiparación salarial
Por Redacción |
-
Cidadáns levará ao Congreso a necesidade dunha nova comisaría en Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
"Xa é hora de que a Policía Nacional e a Garda Civil deixemos de ser a policía low cost"
Por Natalia Puga |