Unha vez declarada Pontevedra como cidade do millennial,La transición no seu segundo programa segue dando pasos na súa aplicación e fixa ao seu patriarca nestas datas do Nadal.
O guionista e condutor deste programa de PontevedraViva Radio, Óscar Cruz, declara o 28 de decembro, Día dos Inocentes, como patrón millennial.
Rubén Lino de Poetarras é o invitado para este especial da Transición e trae un agasallo exclusivo para a ocasión. Jorge Boquete regresa como millennial do Nadal e tampouco falta "l'entrepeneur" de Javi Lopa. O cómico de oficio é.... Federico Pérez ("Era visto!" da TVG ou "Tiempos de guerra" de A3). E! e non hai un sen dous; os críticos tamén se coan nesta Transición.